O andrón ou andronitis (grego antigo ἀνδρῶν ἀνδρῶνος) designa na arquitectura doméstica da antiga Grecia a estancia ou parte da casa reservada aos homes. Consistía nun patio descuberto (αὐλή aulê), rodeado de columnas, ao redor do cal estaban dispostas as diversas habitacións para o servizo do propietario e dos que vivían con el. Estaba separada por un corredor e unha porta, do xineceo, que contiña as habitacións das mulleres. Véxase tamén Bibliografía A. Rich, Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines, 18833, s. v. Andron. Dictionnaire des Antiquités Grecques et Romaines de Daremberg e Saglio, s. v. Domus, p. 348.
Outros artigos Mégaron. Oikos. Ligazóns externas Nesta páxina podemos contemplar a reconstrución dunha escena de banquete no andrón dunha casa da cidade de Olinto.
Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga