Baduario (morto en 576) foi un xeneral bizantino do Imperio de Oriente que viviu no século VI.

Traxectoria Era xenro do emperador Xustino II. Podería ser que fose o fillo ou o neto do Baduario magister militum e dux Scythiae.PLRE, p. 64

No 565 o seu sogro Xustino II, apenas chegado ao poder, nomeouno curopalata.Corippo, Iust., II, 284-5. «dispositorque nouus sacrae Baduarius aulae, successor soceri - factus mos curapalatii est.» O ano seguinte foi nomeado magister militum e enviado polo emperador en auxilio dos xépidos, cuxo reino fora invadido polos longobardos.Teofilacto Simocatta, VI, 10.12 Loitou nunha batalla preto de Sirmio e venceu nela. A batalla tivo lugar en 566 ou en 567. Tras esta batalla o rei dos xépidos Cunimundo rompe a alianza cos romanos de oriente que despois decidiron non o axudaren cando os xépidos foron invadidos aniquilados polos longobardos e os ávaros. Non se sabe con exactitude se Baduario foi un magister militum per Illyricum o máis ben un magister militum uacans ou un quaestor exercitus.

Despois nomeárono comes stabuli. O 6 de outubro de 573 el e o emperador Xustino II tiveron un litixio: o Augusto, que desde había un tempo daba signos de tolemia, insultouno e desterrouno; despois o emperador arrepentiuse e foi en persoa aos estábulos para se desculpar con Baduario.Teófanes o Confesor, A.M. 6095.

No 576 Baduario foi enviado a Italia para intentar expulsar aos longobardos, que en 568 invadiran Italia e a someteran en gran parte. Morreu en batalla contra eles.Xoán de Biclaro, ano 576. «Baduarius gener Iustini principis in Italia a Longobardis proelio uincitur et non multo post inibi uitae finem accipit».

Notas

Véxase tamén Bibliografía The Prosopography of the Later Roman Empire, vol. II-III

Categoría:Imperio Bizantino Categoría:Exarcas de Rávena Categoría:Finados en 576 Categoría:Militares do Imperio Bizantino