ESO 269-57 (tamén coñecida coma Leda 45683) é unha galaxia en espiral barrada que está situada a unha distancia aproximada respecto do noso Sistema Solar duns 155 millóns anos luz, dentro da constelación de Centaurus. É un membro dun conxunto ben coñecido de galaxias visto nesa dirección. A galaxia recibiu esta designación cando foi catalogada durante a primeira Procura no Hemisferio Sur do Observatorio Europeo do Sur, levada a cabo durante a década de 1970.
En abril de 1999, s Observatorio Europeo do Sur (ESO) volveu a súa vista cara ESO 269-57 e puido amosa complexidade desta galaxia, cun "anel" interior, de varios brazos en espiral enrolada, rodeado por dous brazos máis externos que parecen dividirse en varias polas. Son visibles moitos obxectos azuis e difusos - a maioría son rexións de formación estelar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos NGC 1232A
Ligazóns externas ESO: Six New VLT Photos from ANTU/FORS1
Categoría:Constelación de Centaurus Categoría:Galaxias en espiral barradas