Vicente Pablo Calderón Oreiro, III conde de San Juan, nado en Santiago de Compostela en 1821 e finado en Oín (Rois) o 19 de setembro de 1888, foi un político galego.

Traxectoria

miniatura|dereita|Pazo de Antequeira, residencia de Vicente Calderón Oreiro.

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Militou no Partido Moderado e foi deputado polo distrito de Noia en 1857, polo de Vilalba en 1864 e polo de Mondoñedo en 1867. Retirouse da actividade pública durante o Sexenio Democrático. Na Restauración militou no Partido Conservador e foi elixido senador pola provincia de Lugo (1876-1877), e pola provincia da Coruña (1877, 1879-1880 e 1884-1885). Foi gobernador civil de Pontevedra e A Coruña. Finou no pazo de Antequeira, na parroquia de Oín (Rois) o 19 de setembro de 1888. Vida persoal Casado con Carmen Ozores Mosquera, foi pai de José, Benito, Joaquín, Jacoba, María Dolores, Juan, Angel, Vicente e María del Carmen Calderón Ozores (que casou con José Riestra López).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1888