Os choposNome común do xénero en Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 908. ISBN 84-95335-46-8 ou álamos son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros ou lamigueiros e chopos brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.

Etimoloxía Nome científico O nome do xénero: Populus, do que derivan a forma galega chopo, vén do latín: pōpŭlus, termo de orixe descoñecida, aínda que seguramente se refira ao pobo, evocando ás prazas públicas en tempos romanos, normalmente sombreadas con estas árboreshttp://lema.rae.es/drae/?val=chopo.

Localización Atópanse en todas as rexións temperadas do hemisferio norte de onde son oriúndas e nas do hemisferio sur como plantas introducidas. Actualmente a súa área de dispersión inclúe América do Norte e Asia central.

Os híbridos desta especie están moi estendidos, sobre todo orientada ao seu potencial produtor de madeira.

Descrición Árbores ou arboriñas, de follas simples, alternas e caedizas, habitualmente anchas e de bordos enteiros, aserrados, dentados, lobulados ou festoneados. As xemas áchanse cubertas por escamas. O pecíolo é longo e glanduloso, con frecuencia aparece comprimido lateralmente, o que confire gran mobilidade á folla.

O froito ten forma de cápsula, lampiño, dehiscente , de cor verdosa que se torna parda ao madurar. Ceiba numerosas sementes miúdas arrodeadas dunha especie de flocos de cotón.

Son especies de luz e de temperamento robusto. Adoitan amosar grande avidez pola auga, polo que é frecuente encontralos á beira de regueiros superficiais ou delatando cursos subterráneos. De crecemento rápido, poden acadar grandes talles. As necesidades en canto a nutrientes son elevadas.

Especies miniatura|Chopos en Galilea (A Rioxa- España). * Populus sección AegirosNota: a forma de escribirse é controvertida; algunhas fontes usan Aegiros, outras usan Aigeiros – Chopos negros ou álamos negros América do Norte, Europa, Asia occidental; clima temperado Populus deltoides – Chopo de Carolina Populus fremontii (Oeste de Norteamérica) Populus nigra – Chopo negro, lamigueiro ou álamo negro (Europa). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Populus. Especie abundante na Península Ibérica. Plantado como ornamental e para uso forestal (non moi abondoso) en Galicia. Populus x canadensis – Chopo canadenseNome vulgar galego en Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo, 2012. Híbrido entre Populus nigra × Populus deltoides) Populus nigra 'Italica – Chopo lombardo, cultivar do chopo negro seleccionado en Lombardía no século XVII e que se usa con motivos ornamentais. Populus sección Populus – Álamos tremedores e brancos. Clima subártico circumpolar e temperado frío, e montañas máis ao sur. Populus tremula – Álamo tremo ou álamo tremedor (Europa, Asia setentrional). Especie abundante na Península Ibérica. Populus adenopoda (Asia oriental) Populus alba – Chopo branco ou álamo branco (Dende a Europa meridional a Asia central). Especie abundante na Península Ibérica. De uso en xardinería en Galicia. Populus alba 'Bolleana' ou Populus alba var. pyramidalis Bunge– Chopo boleana, Chopo branco columnar ou piramidal. Oriúndo do Turkestán, moi utilizado como árbore ornamental na Europa temperada e mediterránea. Populus × canescens – Álamo canoNome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 (segundo algúns autores híbrido entre o Populus alba e o Populus tremula). Populus davidiana (Asia oriental) Populus grandidentata (Norteamérica oriental) Populus sieboldii (Asia oriental) Populus tremuloides (Norteamérica)

miniatura|Follas de Populus lasiocarpa Populus sección Tacamahaca Norteamérica, Asia; clima temperado fresco. Populus angustifolia (Centro de Norteamérica) Populus balsamifera (= P. candicans, P. tacamahaca) Populus cathayana (Nordeste de Asia) Populus koreana J.Rehnder (Nordeste de Asia) Populus laurifolia (Asia central) Populus maximowiczii A.Henry (Nordeste de Asia) Populus simonii (Nordeste de Asia) Populus szechuanica (Nordeste de Asia). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Aegiros. Populus trichocarpa (Oeste de Norteamérica) Populus tristis (Nordeste de Asia). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Aegiros. Populus ussuriensis (Nordeste de Asia) Populus yunnanensis (Leste de Asia) Populus sección Leucoides Norteamérica oriental, Asia oriental; clima temperado Populus heterophylla (Sueste de Norteamérica) Populus lasiocarpa (Asia oriental) Populus wilsonii (Asia oriental) Populus sección Turanga – Chopos subtropicais. Suroeste de Asia, leste de África; clima subtropical a tropical Populus euphratica – Chopo do Éufrates (suroeste de Asia) Populus ilicifolia (Leste de África) Populus sección Abaso – Chopos mexicanos.''' México; clima subtropical a tropical Populus guzmanantlensis (México) Populus mexicana (México)

Usos - populicultura

Cultivado en lameiros e estacións húmidas de auga movida e rica en nutrientes, é aproveitado especialmente en España polo seu rápido crecemento (baixo liñas de mellora xenética); presenta fustes longos e rectos, e adoita plantarse en formacións regulares chamadas en castelán: choperas'' (formación de chopos).

A madeira é de boa calidade malia ser unha especie de crecemento rápido: en bos solos chega a medrar máis de 20 m3/ha/ano. Se se seguiu un bo itinerario silvícola a madeira destínase a mobles de baixa densidade, costeiros e chapa; mais o seu uso máis salientábel é o da industria do taboleiro contrachapado. Se presenta unha diminución de calidade notábel e non satisfai a demanda do contrachapado, destínase á industria de trituración depreciándose así o prezo por metro cúbico.

Tamén pode mencionarse o uso para caixas de madeira típicas da froita e como soporte de lenzos na pintura, como por exemplo na Mona Lisa.

Son tamén apreciados coma árbores de sombra en parques e paseos.

Son utilizados no sur da Arxentina como cortinas forestais cortaventos.Dr. Pablo Peri. Universidad Nacional Patagonia Austral. http://www.inta.gov.ar/santacruz

Un dos usos máis interesantes das árbores pertencentes a este xénero é o seu uso en fitorremediación, tanto usando directamente a planta como a partir dela, conseguindo, mediante biotecnoloxía, replicar a súa capacidade para acumular xenobióticos noutras especies.Víctor Campos: Fitorremediación de contaminantes persistentes: una aproximación biotecnológica utilizando chopo (Populus Spp.)como sistema modelo. Artigo de Pablo Lobato Villagrá en Ciencinante http://ciencinante.wordpress.com/2011/11/07/fitorremediacion miniatura|Aromia moschata, un cerambícido que ataca os chopos brancos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Santacruz en inta.gov.ar Populicultura

Categoría:Árbores Categoría:Árbores de ribeira Categoría:Árbores forestais Categoría:Madeiras