Lonxitude (do latín longitudo) pode referirse a:
A lonxitude, en física e matemáticas, é a magnitude que expresa a distancia entre dous puntos. Véxase tamén unidades de lonxitude. Tamén se adoita empregar para definir a medida máis longa dunha superficie, en oposición a largo. En astronomía, a lonxitude celeste é unha das coordenadas celestes no sistema de coordenadas eclípticas. Na cartografía, lonxitude é a coordenada leste-oeste utilizada para expresar unha situación xeográfica. Na poesía fálase da lonxitude dos versos, que mide as sílabas que estes teñen.
Véxase tamén Outros artigos Latitude.