Branca-Petra Novo Rey, coñecida como Branca Novoneyra, nada en Lugo en 1976, é unha escritora, bailarina, coreógrafa e profesora galega.

Traxectoria Pasou a infancia no Courel, é filla do poeta Uxío Novoneyra. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Estudos Avanzados pola Universidade de Belas Artes de Granada. Desde 2002 desenvolve o seu traballo como bailarina en colaboración con poetas, videoartistas e músicos en diferentes colectivos. Ten publicado traballos sobre historia e crítica da danza en revistas especializadas. Tamén editou diversas obras poéticas.

Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Santiago de Compostela por Compostela Aberta e foi concelleira de Cultura.

Xunto a Olalla Cociña, programou os Picaversos. Traballa para gardar o legado de Uxío Novoneyra, o seu pai, na Fundación que leva o nome do escritor en Parada do Courel. Dirixe o Festival dos Eidos, tamén no Courel.

Colaboradora de Nós Diario.

Espectáculos Coreografía Chove para que eu soñe, 2002. Mordomo, 2006. Bucle, 2007. Nexus 6, 2008. Game over, 2009. Aneis, 2010.

Multimedia Tender a man, 2011. Danza, música e poesía.

Obra literaria Poesía Dentro do labirinto (2009). Culleredo: Espiral Maior. 24 páxs. ISBN 9788492646289. Cristal escuro (2012). Santiago: Follas Novas. ISBN 978-84-695-3574-5. As cunchas baleiras (2023). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 978-84-125905-9-3.

Ensaio

Novas de poesía (2013). Fundación Uxío Novoneyra. ISBN 978-84-941161-3-1. Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2015). Caligrama libros. 87 páxs. ISBN 978-84-940492-0-0.

Obras colectivas Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (2013). Bubela. Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra.

Premios Premio de poesía La voz más joven da Obra Social Caja Madrid no 2010. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da autora Blog da autora Audiopoemas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela