Ken Zazpi (en galego Menos Sete) é un grupo musical vasco de rock e pop rock formado en Gernika, Biscaia, en 1996 por Jon Mikel Arronategi e Eñaut Elorrieta.
Traxectoria Tódalas súas cancións son en éuscaro, aínda que algunhas delas tamén teñen versión en lingua catalá. En 1996 lanzan o tema Bi eta bat (Dous e un) no recompilatorio do selo Gor Diskak Aurtengo Gorakada 1, baixo o título “Ken Zazpi”.
Non é até o ano 2000 cando o grupo comezou a traballar con seriedade e a centrarse na súa carreira. O seu disco acústico, Gelditu Denbora ("Para o tempo" en galego) levounos a facer unha xira de concertos no País Vasco, Navarra e tamén Cataluña.
Compoñentes do grupo Eñaut Elorrieta – Guitarra e voz Jon Mikel Arronategi – Guitarra e voz Igor Artzanegi – Baixo Beñat Serna – Guitarra Iñaki Zabaleta – Trikitixa e teclado Jon Fresko – Batería
Discografía Atzo da bihar (Gor Diskak, 2001) Bidean (Gor Diskak, 2003) Gelditu denbora (GOR Diskak, 2005) Argiak (Oihuka, 2007) Zazpi urte zuzenean (Zuzenean, 2009) Ortzemugak begietan (Elkar argiak, 2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Cancións de Ken Zazpi
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais formados en 1996 Categoría:Grupos musicais de pop rock