Guillermo Joaquín de Osma Scull, nado na Habana o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Biarritz o 7 de febreiro de 1922, foi un diplomático, arqueólogo e político español.
Traxectoria Conde de Valencia de Don Juan, logo de realizar estudos nas universidades da Sorbona e Oxford, entrou na carreira diplomática en 1877, na que permaneceu ata 1891 cando foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte representando ao Partido Conservador, sendo reelixido polo mesmo distrito nas sucesivas eleccións que se celebraron ata 1918. En 1919 foi nomeado senador vitalicio.
Foi ministro de Facenda en dous dos gobernos presididos por Antonio Maura: entre o 5 de decembro de 1903 e o 16 de decembro de 1904, e entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 23 de febreiro de 1908. Da súa etapa ministerial destaca a promulgación da "Lei de Alcohois e de Azucres"
Foi tamén Presidente do Consello de Estado e Gentilhombre de cámara con ejercicio do Rei Afonso XIII. Destacou como arqueólogo debéndoselle a fundación, en 1916, do Instituto de Valencia de Don Juan, en Madrid.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Ministros de España Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1922