Yip Man (tamén coñecido como Yip Kai-Man), nado o 1 de outubro de 1893 en Foshan e finado o 2 de decembro de 1972 en Hong Kong, foi un mestre chinés das artes marciais. Tivo un gran número de discípulos que máis tarde se converterían tamén en mestres, como o famoso Bruce Lee.
Biografía miniatura|esquerda|200px|Sepultura de Yip Man Iniciou a súa aprendizaxe do Wing Chun con Chan Wah-shun e rematou o seu adestramento con Sibak Leung Bik. Yip Man foi o primeiro mestre en ensinar abertamente a arte marcial do Wing Chun. Fíxoo cando tiña 55 anos como unha forma de gañar a vida na cidade de Hong Kong, onde tivo múltiples alumnos que, á súa vez, difundiron a arte por todo o mundo. É famoso entre outras cousas porque foi o mestre de Bruce Lee e estivo considerado como o mellor mestre de artes marciais do mundo. Da súa morte sábese que Lun Kai, un dos seus discípulos que o fora visitar, atopouno morto na súa residencia. O seu corpo descansa nun antigo cemiterio de Hong Kong, onde practicantes de todo o mundo o visitan para prestarlle homenaxe.
Véxase tamén Outros artigos Ip Man, filme de 2008 baseado na súa vida. Ip Man 2, secuela do 2010.
Categoría:Personalidades das artes marciais Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados na China