Inis Mhic Uileáin (ás veces tamén coñecida como Inishvickillane na súa forma inglesa), é unha das illas que forman o arquipélago irlandés das Illas Blasket, no condado de Kerry.

A illa estivo habitada de forma intermitente durante os séculos XIX e XX por unha ou máis familias. De feito, aínda se poden atopar nela as ruínas de antigos edificios de pedra. Na década de 1970, o antigo Taoiseach Charles Haughey construíu unha casa que empregaba como residencia de verán e fixo introducir unha manda de cervos que hoxe en día seguen a habitar a illa.

Tamén é o fogar de importantes colonias de aves mariñas, entre as que destacan o paíño pequeno, o arao papagaio e o fulmar boreal.

Categoría:Illas Blasket Categoría:Gaeltacht