José María Vidal González, finado en Pontevedra o 19 de outubro de 1904, foi un político galego. Traxectoria Vinculado ao Partido Conservador, foi deputado provincial polo distrito de Redondela-Ponte Caldelas e o 22 de abril de 1903 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra, cargo que desenvolveu ata o seu falecemento. Foi gobernador civil interino de Pontevedra desde o 31 de agosto de 1899, por marcha a Madrid de Juan Menéndez Pidal, cargo no que estivo un tempo e que repetiu pola mesma causa en xaneiro de 1900. Durante moitos anos desenvolveu o cargo de vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

Notas

Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1904