dereita|miniatura|A Universidade de Deusto marca o extremo leste do barrio de San Pedro de Deusto-La Ribera. Deusto (en éuscaro: Deustu) é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Ten 52.218 habitantes e unha superficie de 4,95 km², aínda que os seus barrios só ocupan 3,19 km², sendo o terreo restante a ladeira do monte Archanda.

Divídese nos barrios de Arangoiti, Ibarrecolanda, San Ignacio-Elorrieta e San Pedro de Deusto-La Ribera. O elizate de San Pedro de Deusto foi municipio independente ata o 1 de xaneiro de 1925, día no que a capital biscaíña anexionouse a súa superficie para continuar coa expansión da vila.

O distrito é coñecido rexionalmente como unha zona de ambiente estudantil, ao ser sede da Escola de Maxisterio e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade do País Vasco, da Escola Oficial de Idiomas e, especialmente, da Universidade de Deusto.

Barrios Divídise en cinco barrios: Arangoiti Deustuko Doneperiaga Elorrieta Ibarrekolanda San Ignazio

Véxase tamén Ligazóns externas

Concello de Bilbao Páxina de noticias sobre o distrito. Universidade de Deusto

Categoría:Distritos de Bilbao