A dos salamándridossalamándridos no dicionario da RAG. (Salamandridae) é unha famila de anfibios caudados coñecidos cos nomes vulgares de salamántigassalamántiga no dicionario da RAG. ou píntegas,píntega no diconario da RAG. e de tritóns.tritón 1º artigo, 2ª acep., no dicionario da RAG:

A diferenza entre estes termos é vaga, pero podémolos distinguir pola cantidade de tempo que os animais pasan na auga: mentres que as salamántigas son máis terrestes, os tritóns pasan na auga cerca de 2 ou 3 meses por ano.

A familia comprende máis de 400 especies.Salamandridae na EOL.

Distribución Os salamándridos distribúense por todo o hemisferio norte, principalmente en Europa e Asia, aínda que a distribución de Salamandra e Pleurodeles alcanza tamén a África do Norte, e os xéneros Notophthalmus e Taricha son endémicos de Norteamérica.Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994): Biology of Amphibians. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4780-6.Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2 (15 July, 2008). Electronic Database. Accesíbel en American Museum of Natural History, New York, USA.

Características miniatura|200px|Salamandra salamandra avisa da súa toxicidade polas súas cores. De tamaño de mediano a pequeno (Salamandra e Pleurodeles chegan a medir máis de 200 mm), estes urodelos, terrestres ou acuáticos,Salamandridae en AmphibianWeb. presentan catro extremidades con cinco dedos nas posteriores e catro nas anteriores, e unha cola que está presente en cada unha das etapas do seu desenvolvemento. Polo xeral, exhiben patróns cromáticos na pel bastante rechamantes, como medio de disuasión ante potenciais depredadores.

Moitos salamándridos desenvolven aletas no dorso do corpo e na cola cando regresan a unha etapa acuática, aletas que están presentes todo o tempo nos tritóns adultos.

Outros caracteres morfolóxicos deste grupo son: os dentes vomerianos esténdense posteriormente nos bordos laterais do vómer, o arco frontal-escamoso está presente, as súas vértebras son anficélicas.

Nestas vértebras os dous extremos son cóncavos, e son eficientes para a natación, xa que confiren flexibilidade ao esqueleto axial. A maioría dos peixes teleósteos adoitan presentalas, e tamén os tetrápodos acuáticos.

Bioloxía A maioría das especies producen secrecións tóxicas na pel.

Os pulmóns están presentes nos individuos xuvenís e nos adultos.

Os salamándridos reprodúcense mediante fecundación interna, na que os machos depositan un espermatóforo na cloaca da femia, despois de efectuaren unha danza de cortexo.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1820 polo naturalista alemán Georg August Goldfuss, na súa obra: Goldfuss, G. A. (1820): Handbuch der Zoologie. Zweite Abtheilung. Nürnburg: Johann Leonhard Schrag.

Etimoloxía O nome científico Salamandridae está formado, como é obvio, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Salamandra, engadíndolle a desinencia do latín científico ´-idea, plural neutro de ´-ideus, derivada do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma", empregada para formar os nomes das familias de animais.

Clasificación Segundo Amphibian Species of the World, a familia divídese nas subfamilias e xéneros que se indican:Salamandridae en Amphibian Species of the World.

miniatura|200px|Chioglossa lusitanica. miniatura|200px|Larva de Lissotriton helveticus. miniatura|200px|Triturus boscai, xuvenil. Familia Salamandridae Goldfuss, 1820 Subfamilia Salamandrinae Goldfuss, 1820 Xénero Chioglossa Bocage, 1864 Xénero Lyciasalamandra Veith e Steinfartz, 2004 Xénero Mertensiella Wolterstorff, 1925 Xénero Salamandra Laurenti, 1768 Subfamilia Pleurodelinae Tschudi, 1838 Xénero Calotriton Gray, 1858 Xénero Cynops Tschudi, 1838 Xénero Echinotriton Nussbaum e Brodie, 1982 Xénero Euproctus Gené, 1838 Xénero Lissotriton Bell, 1938 Xénero Mesotriton Bolkay, 1927 Xénero Neurergus Cope, 1862 Xénero Notophthalmus Rafinesque, 1820 Xénero Ommatotriton Gray, 1850 Xénero Pachytriton Boulenger, 1878 Xénero Paramesotriton Chang, 1935 Xénero Pleurodeles Michahelles, 1830 Xénero Taricha Gray, 1850 Xénero Triturus Rafinesque, 1815 Xénero Tylototriton Anderson, 1871 Subfamilia Salamandrininae Fitzinger, 1843 Non aceptada por todos os autores, os que que inclúen o seu único xénero na subfamilia dos salamandrinos. Xénero Salamandrina Fitzinger, 1843

Controversias taxonómicas A familia dos salamándridos foi obxecto de numeosas reorganizacións sistemáticas e de nomenclatura, especialmente grazas aos avances da filoxenia. Unha presentación, que segue a ser válida actualmente permite dividila en dous grandes grupos: as "salamántigas verdadeiras" (incluíndo os xéneros Chioglossa, Helverseni, Mertensiella e Salamandra) e os "tritóns" (que comprende os xéneros restantes).Weisrock, Papenfuss, Macey, Litvinchuk, Polymeni, Ugurtas, Zhao, Jowkar & Larson (2006): "A molecular assessment of phylogenetic relationships and lineage accumulation rates within the family Salamandridae (Amphibia, Caudata)". Molecular Phylogenetics and Evolution, 41: 368-383.Larson, Wake & Devitt (2007): Salamandridae. Newts and "True Salamanders". Versión 24 de xaneiro de 2007 (en construción) en The Tree of Life Web Project.Titus & Larson (1995): "A molecular phylogenetic perspective on the evolutionary radiation of the salamander family Salamandridae". Systematic Biology, 44: 125–151. Os estudos da filoxenia da familia confirman a orixe monofilética destes grupos, polo que poderían considerarese como subfamilias.

O xénero Salamandrina non pertence nin ao grupo das salamántigas verdadeiras, nin ao dos tritóns, mencionados anteriormente. O xénero constitúe unha liña afastada destes dous grupos (ver o cladograma mái abaixo), e por iso algúns autores consideran que forma unha subfamilia distinta. Varios xéneros ou especies dos salamándridos están sendo debatidos no seo da comunidade científica. Por exemplo, o xénero Triturus, agrupando dentro dos tritóns strictu senso, agora considérase polifilético e está en vías de reorganización.García-París, Montori & Herrero (2004): "Amphibia: Lissamphibia". Fauna Ibérica, 24. Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales e Consejo Superior de Investigaciones Científicas.Litvinchuk, Zuiderwijk, Borkin & Rosanov (2005): "Taxonomic status of Triturus vittatus (Amphibia: Salamandridae) in western Turkey: drunkenness vertebrae counts, genome size and allozyme data". Amphibia Reptilia, 26 (3): 305-323., ou a especie Salamandra salamandra, que nalgúns taxons previamente a consideraban como unha subespecie, foi elevada ao rango de especie completa.

Estudos recentes permitiron precisar a filoxenia de certos xéneros de salamándridos, o que conduciu a algúns cambios taxonómicos. O xénero Mertensiella, considerado monotípico como Mertensiella luschani, denomínase agora Lyciasalamandra luschani. Tamén o xénero Triturus está en cuerso de reorganización, recentes estudos filoxenéticos puxeron en cuestión a monofilia deste taxon.

Filoxenia As relacións filoxenéticas dos salamándridos móstranse neste cladograma, baseado en Dubois & Raffaelli (2009) e Zhang et al. (2008).Dubois, A. & Raffaelli, J. (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela)". Alytes, 6: 1-85.

En Galicia En Galicia existen dúas especies de salamántigas: a salamántiga común ou píntega (Salamandra salamandra) e a salamántiga rabilonga ou galega (Chioglossa lusitanica), e tres de tritóns: o tritón común ou ibérico (Lissotriton boscai), o tritón palmado (Lissotriton helveticus) e o tritón marmorado ou verde (Triturus marmoratus).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cogger, H. G. & e R. G. Zweifel, editors (1998): Encyclopedia of Reptiles and Amphibians, 2nd edition. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-1217-8560-4. Estes, R. (1981): "Gymnophiona, Caudata". Handbuch der Paläoherpetologie, 2: 1-115. Frost et al. (2006): The Amphibian Tree of Life . Bulletin of the American Museum of Natural History, 297: 1–291. Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277. Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7. Weisrock, D. W. et al. (2006): "A molecular assessment of phylogenetic relationships and lineage accumulation rates within the family Salamandridae (Amphibia, Caudata)". Molecular Phylogenetics and Evolution, 41(2): 368-383. Zug, G. R. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press.

Outros artigos Caudados Salamandroideos

Ligazóns externas Salamandridae en AmphibianWeb. Con informacións e relación dos xéneros e especies da familia . Salamandridae en Tree of Life. Salamandridae na ADW. Con informacións, imaxes e bibliografía . Salamandridae na EOL. Salamandridae en Fauna Europaea. Salamandridae Goldfuss, 1820 no ITIS. Salamandridae en Fossilworks. Especies de salamándridos na UICN.

Categoría:Anfibios Categoría:Urodelos