Salamandra é un xénero de anfibios urodelos da familia dos salamándridos (Salamandridae).

As sete especies deste xénero áchanse en Europa central e meridional, África do Norte e Oriente Medio.

Lista das especies As especies do xénero Salamandra son, segundo Amphibian Species of the WorldAmphibian Species of the World (16 de maio de 2011):

Salamandra algira Bedriaga, 1883 Salamandra atra Laurenti, 1768 Salamandra corsica Savi, 1838 Salamandra infraimmaculata (Martens, 1885) Salamandra lanzai Nascetti, Andreone, Capula, & Bullini, 1988 Salamandra longirostris Joger & Steinfartz, 1994 Salamandra salamandra (Linnaeus, 1758)

e as especies fósiles Salamandra sansaniensis Lartet, 1851 Salamandra goussardiana Lartet 1851

Descrición As salamandras deste xénero, denominadas polos herpetólogos "salamandras do grupo alpino", distínguense doutras especies pola tintura de negro dos individuos (fenómeno denominado melanismo, coa excepción da subespecie "Salamandra atra aurorae" achado no Bosco del Dosso nos Alpes, que amosa diferentes graos de pigmentación amarelada na cabeza e o tronco) e a súa particular estratexia reprodutiva: as femias dan a luz a individuos adultos completamente formados e non a larvas como outras especies de salamandras (viviparidade completa, contra a ovoviviparidade para o grupo das denominadas "salamandras de fogo" (do inglés fire salamanders).

Taxonomía O xenenro Salamandra foi atribuído durante moito tempo a Laurenti, 1768, pero Garsault xa o creara en 1764.Garsault, François A. P. de (1764): Les Figures des Plantes et Animaux d'Usage en Médecine, Décrits dans la Matière Médicale de Mr. Geoffroy Médecin, Dessinés d'après Nature. Paris.

Tradicionalmente dividíanse en dous grupos: as "salamandras de fogo", coas especies Salamandra salamandra, Salamandra algira, Salamandra corsica e Salamandra infraimmaculata, e as "salamandras alpinas", con Salamandra atra e Salamandra lanzai.

Esta distinción non ten hoxe valor taxonómico, e os dous grupos considéranse agora como de orixe non monofilética. A separación nestes dous grupos, porén, mantén un carácter práctico e pedagóxico para presentar o xénero Salamandra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Anfibios Urodelos Salamándridos

Ligazóns externas ASW Salamandra Garsault, 1764 Consultada o 7/10/2012. Amphibiaweb xénero Salamandra Consultada o 7/10/2012. Aimal Diversity Web Salamandra Consultada o 7/10/2012. Catalogue of Life Salamandra Consultada o 7/10/2012. Fauna Europaea Salamandra SITI Salamandra Laurenti, 1768. TSN 208238 Consultada o 10/09/2018. NCBI Salamandra Consultada o 7/10/2012. Tree of Life Salamandra Consultada o 7/10/2012.

Categoría:Urodelos