Wolfram Alpha é un motor computacional (CAS) desenvolvido por Wolfram Research. Wolfram é un servizo en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos, non en páxinas web ou documentos ligados.
Wolfram Alpha baséase na plataforma computacional Mathematica, escrita polo científico británico Stephen Wolfram en 1988.
Visión xeral Wofram ofrece respostas concretas a preguntas feitas como as faría un humano. A páxina traballa como o faría unha investigación baseada en datos, sen traballar con datos semánticos. Wolfram pode responder a preguntas en inglés como "Cando naceu Obama?". A páxina dá a data como resposta en diversos formatos.
Tamén pode responder a preguntas como "Que idade tiña Picasso o 13 de xaneiro de 1945?": age of picasso 1945 january 13
dando como respota: "63 years 2 months 19 days" (63 anos, 2 meses e 19 días).
miniatura|Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.
Wolfram Alpha tamén pode xerar códigos QR: qr code http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada
Cálculos matemáticos Wolfram inclúe parte das posibilidades matemáticas de Mathematica. O programa informático no que se basea o seu deseño.
Wolfram Alpha está escrito en 15 millóns de liñas de código de Mathematica (empregando webMathematica e gridMathematica) o código execútase en 10.000 CPU (aínda que o número está a medrar dende o lanzamento).
Wolfram Alpha é quen de resolver cálculos matemáticos con integrais, derivadas, ecuacións, operacións con matrices, trigonometría ou representacións gráficas de funcións.
Por exemplo, dando como entrada: , devolve como solución .
A páxina ten un servizo Pro de pago por subscrición que permite facer operacións con táboas, imaxes, son, XML e ducias de formatos científicos especializados, formatos médicos, matemáticos e de análise automático.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sistema alxébrico computacional (CAS). MathWorld Ligazóns externas Páxina web de Wolfram Alpha .
Categoría:Matemáticas Categoría:Sitios web Categoría:Soporte lóxico científico Categoría:Soporte lóxico educativo