O Canal 24 Horas é unha canle de televisión pertencente a Televisión Española, que emite noticias de xeito ininterrompido para España e o mundo. Comezou as súas emisións ás 14 horas do 15 de setembro de 1997, dentro da plataforma de televisión por satélite Vía Dixital, sendo a primeira canle de información continua en España.

A programación estrutúrase en bloques de noticias de media hora de duración que comprenden información sobre a actualidade nacional e internacional, sociedade, cultura, economía, deportes e información meteorolóxica.

Véxase tamén Ligazóns externas Portal de noticias de RTVE Emisión en directo de Canal 24 Horas

Categoría:Televisión Española Categoría:Cadeas de televisión de España