thumb|Píleo de cor vermella dun exemplar xuvenil de peto real (Dendrocopos major). right|thumb|Cabeza de grúa xaponesa (Grus japonensis), co seu píleo vermello.
O píleo, en ornitoloxía, é o termo técnico para referirse á parte superior da cabeza das aves,Definición de píleo no dicionario da RAG tamén denominado curuto por algúns ornitólogos galegos.Penas Patiño (1980), p. 23.Penas Patiño (1991), p. 11. O píleo comeza tras da fronte e prolóngase até a caluga.
O píleo de moitas aves destaca por ter a plumaxe de distinta cor, ou por ter plumas de lonxitude diferente ao resto das outras da cabeza. Algunhas aves presentan patróns listados nesta parte da cabeza; se a franxa percorre o píleo lonxitudinalmente na súa parte central denomínase lista pileal media, e se o fai polos laterais desígnase lista pileal lateral.Juana, de e Varela (2000). Contraportada.
A cor, a forma e outras características da plumaxe do píleo son útiles para a identificación dalgunhas aves, tanto para diferenciar individuos de especies de aspecto semellante como para distinguir a membros da mesma especie de diferentes sexos e idades. A cor da plumaxe do píleo pode variar entre os distintos sexos dunha mesma especie; por exemplo, os machos da papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) teñen o píleo negro e as femias de cor parda avermellada.Beaman e Madge (1988), p. 677. Tamén pode ser diferente a cor do píleo dos adultos e os inmaturos da mesma especie; por exemplo, nos adultos do peto real (Dendrocopos major) é negro e nos individuos xuvenís é vermello.Beaman e Madge (1988), p. 534.
Nalgunhas especies a coloración do píleo é variábel segundo a estación do ano. En moitos membros da familia dos estérnidos (Sternidae) —a familia dos carráns— cuxo píleo é negro durante a estación reprodutiva, vólvese parcial ou totalmente branco fóra dela.Beaman e Madge (1988), p. 449. O mesmo ocorre con certas gaivotas —familia dos láridos (Laridae)—. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía Beaman, Mark e Steve Madge (1998): Guía de identificación. Aves de Europa, norte de África y Próximo Oriente. Barcelona: Ed. Omega. ISBN 84-282-0946-4. Juana, Eduardo de e Juan M. Varela (2000): Guía de las aves de España, península, Baleares y Canarias. Lynx Edicions SEO/Birdlife. ISBN 84-87334-26-1. Penas Patiño, Xosé M. et al. (1980): Guía das aves de Galicia. Vigo: Ed. Galaxia. ISBN 84-7154-379-6. Penas Patiño, Xosé M. et al. (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-06-2. Peterson, Roger et al. (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ed. Omega. ISBN 84-282-0334-2.
Outros artigos Penacho Crista
Categoría:Anatomía das aves Categoría:Termos zoolóxicos