The Sisters of Mercy é unha banda inglesa de post-punk formada en 1979 en Leeds. Despois de conseguir fama no underground británico nos inicios da súa carreira, o grupo tivo a súa ruptura comercial a mediados dos 80 e mantívose no mainstream ata comezos da década dos 90, cando pararon de publicar novas gravacións en protesta contra a súa discográfica. Na actualidade a banda só se dedica a realizar xiras.
A banda publicou tres álbums de estudio, o último deles en 1990. Cada un deles foi gravado por formacións distintas; o vocalista e compositor Andrew Eldritch e unha caixa de ritmos bautizada como Doktor Avalanche son os únicos puntos de continuidade entre as distintas formacións. Eldritch e Avalanche tamén estiveron en The Sisterhood, un proxecto paralelo liderado por Eldritch.
O grupo deixou de gravar en 1993, cando comezaron unha folga contra a súa compañía discográfica, a Time Warner, á que acusaron de reterlles royalties e de incompetencia. Aínda que Time Warner finalmente deixou que a banda marchase en 1997, non asinaron con outro selo, e elixiron non usar unha discográfica independente, aínda que tocaron numerosos temas novos nos seus concertos.
Dende 1985, cando os outros membros orixinais marcharon, The Sisters of Mercy converteuse no vehículo artístico de Andrew Eldritch. Os antigos membros da banda crearon os grupos Ghost Dance e The Mission.
Discografía Álbum Ano Selo First and Last and Always 1985 Merciful Release, WEA Floodland 1987 Merciful Release, WEA Vision Thing 1990 Merciful Release, EastWest
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Leeds Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de rock gótico Categoría:Grupos musicais de dark wave Categoría:Grupos musicais formados en 1979