DeJuan Lamont Blair, nado o 22 de abril de 1989 en Pittburgh, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Jiangsu Monkey King da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria profesional Blair foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs o 25 de xuño de 2009. Asinou o seu contrato cos Spurs o 17 de xullo. Fixo o seu debut no primeiro partido da tempada contra os New Orleans Hornets, onde anotou 14 puntos e capturou 11 rebotes. Ó remate da súa primeira tempada en San Antonio, Blair foi incluído no segundo equipo de rookies do ano.

En setembro de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Krasnye Krylya Samara ruso, debido ó lockout da NBA.Spurs’ Blair to play in Russia during lockout Porén, en outubro chegaron a un acordo para rescindir o seu contrato. Volveu á NBA en outubro, onde acadou 9.5 puntos, 5.5 rebotes e 1.2 asistencias en 64 partidos xogados na tempada 2011-12.

O 7 de setembro de 2013, asinou cos Dallas Mavericks.

O 17 de xullo de 2014, Blair foi traspasado ós Washington Wizards a cambio dos dereitos de Emir Preldžić.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards