Manuel Felipe Quintana Ochaita, nado en Madrid o 26 de maio de 1842 e finado en Vigo o 20 de xaneiro de 1911, foi un arquitecto español.
Traxectoria Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en 1886 trasladouse a Vigo, onde foi arquitecto municipal. miniatura|Santa María do Porriño. Eclecticista, son obras súas a Casa para Francisco Solleiro (1891) no n.º 21 da rúa de Policarpo Sanz (esquina Velázquez Moreno),Arquitectura y urbanismo de Vigo . a Igrexa de Santiago de Vigo (1896-1907) na avenida de García Barbón, a Casa de Estanislao Durán (1901) na rúa do Príncipe esquina Velázquez Moreno e a igrexa e asilo das Irmás dos Anciáns Desamparados (1892-1910) na rúa de Pi i Margall"La iglesia del asilo cumple un siglo cuando se estudia reconstruir su fachada en Navia" , artigo en Faro de Vigo, 6 de xuño de 2010 ., todas elas na cidade de Vigo, de estilo neogótico as relixiosas.
No Porriño fixo a a igrexa de Santa María (1909).Artigo Porriño, Santa María de, Enciclopedia Galega Universal (en liña).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Quintana Ochaíta, Manuel Felipe, Enciclopedia Galega Universal (en liña).
Categoría:Arquitectos de España do século XIX Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1911