Panic! at the Disco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Las Vegas en 2004. Dende a súa creación os únicos membros permanentes foron Brendon Urie (voces, guitarra e piano) e Spencer Smith (batería).
A banda formouse e gravou as súas primeiras demos mentres os seus membros aínda estaban no instituto. Pouco despois gravaron e publicaron o seu traballo de estrea, A Fever You Can't Sweat Out (2005). Fixéronse coñecidos polo sinxelo "I Write Sins Not Tragedies", e o álbum finalmente foi certificado dobre platino. O grupo entón gravou o seu segundo disco, Pretty. Odd., editado no ano 2008. Este marcou un gran cambio con respecto ao seu priemrio disco e non acadou as cifras de vendas agardadas, porén, conseguiu a alamación da crítica.
A banda publicou o seu terceiro álbum, titulado Vices & Virtues, o 11 de marzo do 2011. O priemiro sinxelo do disco, "The Ballad of Mona Lisa", editouse o 1 de febreiro do mesmo ano.
Discografía Álbum Ano Selo A Fever You Can't Sweat Out 2005 Decaydance, Fueled by Ramen Pretty. Odd. 2008 Decaydance, Fueled by Ramen Vices & Virtues 2011 Decaydance, Fueled by Ramen Too Weird to Live, Too Rare to Die! 2013 Decaydance, Fueled by Ramen Death of a Bachelor 2016 Fueled by Ramen, DCD2 Pray for the Wicked 2018 Fueled by Ramen, DCD2
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Nevada Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de baroque pop Categoría:Grupos musicais formados en 2004