miniatura|230px|Lámina de Torpedo marmorata no tomo 8 de Le règne animal distribué d'après son organisation, 2ª ed., de Georges Cuvier, 1828. Na parte inferior, detalle do aparato eléctrico.
A dos torpediniformes (Torpediniformes) é unha orde de elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos,torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG. estrugas,estruga , 2ª acep., no dicionario da RAG. ortigas,ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG. ou raias eléctricas,Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
Existen 69 especies recoñecidas distribuídas en catro familias.FishBase Torpediniformes . Consultada o 7/11/2012. Quizais os membros máis coñecidos son os do xénero Torpedo, polo que os torpedos empregados na guerra naval foron así denominados por estes animais. A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
Características As principais características dos torpediniformes son: Os torpedos teñen un disco circular pectoral con dúas aletas dorsais en ángulo circular (non rematadas en punta ou en gancho) moderadamente grandes (reducidas nalgúns Narkidae), e unha cola musculosa e robusta cunha aleta caudal ben desenvolvida. O corpo é groso e brando, coa pel suave e desprovista de dentículos dérmicos e de espiñas. Un par de órganos eléctricos con forma de ril encóntranse na base das aletas pectorais. O fociño é ancho e grande nos Narcinidae, pero reducido en todas as outras familias. A boca, as narinas e cinco pares de galadas localízanse debaixo do disco.
Historia natural Aliméntanse de plancto e de pequenos invertebrados, polo que os seus dentes son menos afiados que nas especies carnívoras (como os tiburóns).
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.Torpediniformes F. de Buen, 1926 na GBIF. Consultada o 17/12/2016.
Etimoloxía O nome da orde, Torppediniformes, está contruído sobra a raíz do nome do seu xénero tipo, Torpedo, coa adición da desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de peixes (e de aves).
En canto o nome do xénero, Torpedo, vén do latín torpere agarrotarse, quedar paralizado', referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha destas raias viva.
Clasificación Segundo a FishBase, o WoRMS, o NCBI e o ITIS, a orde comprende as catro familias seguintes:Todas as rederencias consultadas o 17 de decembro de 2016.Orde Torpediniformes''' Familia Hypnidae Gill, 1862 Familia Narcinidae Gill, 1862 Familia Narkidae Fowler, 1934 Familia Torpedinidae Bonaparte, 1838
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8. VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta''. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Outros artigos Condrictios Elasmobranquios Batoideos
Ligazóns externas Order Torpediniformes (electric ray) en Fossilworks. Consultada o 12/12/2016. Torpediniformes no WoRMS. Consultada o 12/12/2016. Torpediniformes na FishBase. Consultada o 12/12/2016. Torpediniformes no ITIS. Consultada o 12/12/2016. Torpediniformes no NCBI. Consultada o 12/12/2016. Torpediniformes na EOL. Consultada o 12/12/2016. BioLib Torpediniformes . Consultada o 8/11/2012.
Categoría:Raias Categoría:Produtos da pesca