Unha serie de sucesos desafortunados, de Lemony Snicket (en ) é un filme estadounidense dirixido por Brad Silberling que se estreou no 2004. Baséase nos libros de Lemony Snicket The Bad Beginning, The Reptile Room e The Wide Window. Estreouse en galego na TVG o 24 de decembro de 2011.

Sinopse Violet, Klaus e Sunny Baudelaire, tres nenos orfos, son adoptados por uns estraños parentes e por outras persoas, entre elas Lemony Snicket, que é o narrador da historia. Tamén se fai cargo dos Baudelaire o astuto e cobizoso Conde Olaf cuxo obxectivo é arrebatarlles a herdanza. Violet, a maior, ten catorce anos e é a máis valente dos tres. Klaus, de doce anos, é moi espelido e vive obsesionado co mundo das palabras. Sunny, a pequena, fala nunha linguaxe que só os seus irmáns poden entender e ten tendencia a morder.

Personaxes Jim Carrey como Conde Olaf Emily Browning como Violet Baudelaire Liam Aiken como Klaus Baudelaire Kara e Shelby Hoffman como Sunny Baudelaire Jude Law como Lemony Snicket (voz) Timothy Spall como Mr. Poe Billy Connolly como Tío Monty Meryl Streep como Tía Josephine Catherine O'Hara como Justice Strauss Cedric the Entertainer como Constable Luis Guzmán como Bald Man Jamie Harris como Fernald o home con garfo Craig Ferguson como Persoa de xénero indeterminado Jane Adams e Jennifer Coolidge como Muller coa cara branca Wayne Fleming como Capitán Sam Dustin Hoffman como Crítico Daniel Handler (Lemony Snicket) como Fotógrafo Deborah Theaker como Mrs. Poe Jane Lynch como realtor Helena Bonham Carter como Beatrice Baudelaire Gilbert Gottfried como Duck (voz)

Galardóns e nomeamentos 2004: Oscar: Mellor maquillaxe. 4 nomeamentos (dirección artística, maquillaxe, vestiario e BSO).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Brad Silberling Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Nickelodeon Movies Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego