Enrique Blein Budiño, nado en Vigo en xuño de 1885 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Fillo de Primitivo Blein Costas, que tamén foi alcalde, e comerciante en Vigo. Fíxose cargo do comercio familiar. Foi concelleiro de Vigo en 1923. Foi o primeiro alcalde de Vigo da II República, pero foi destituído en setembro de 1931.Destitución del alcalde de Vigo, artigo en ABC o 13 de setembro de 1931 . En xaneiro de 1936 foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Vigo e en febreiro foi reposto como concelleiro e elixido 1º Tenente de alcalde. Foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra e elixido vicepresidente o 19 de marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p, 12.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido, primeiro en Coruxo e despois en Chandebrito. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Localizado e detido, estivo preso na Ramallosa e despois trasladado ao cárcere de Vigo. Padecía un cancro e foi hospitalizado o 30 de outubro nos pavillóns sanitarios do Hospital Municipal. Morreu de cancro de estómago en estado de semi-abandono no Hospital Municipal de Vigo o 10 de decembro de 1936.Los principales personajes vigueses de la llegada del nuevo régimen fueron fusilados cinco años después, La Voz de Galicia o 8 de abril de 2009 . Despois da súa morte foi sancionado con 50.000 pesetas por resolución da autoridade militar e como consecuencia embargáronlle á súa muller e fillos todo o seu patrimonio.

Vida persoal

Casou con Concepción Corral Sequeiros e foi pai de seis fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Alcaldes de Vigo

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Finados por cancro