Torquemada é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 1.075 habitantes (INE 2011). Datos básicos Atópase a uns 21 quilómetros de Palencia (capital da provincia) a uns 730 metros de altitude. A localidade atópase atravesada pola autovía A-62, a antiga N-620, coñecida popularmente como a "estrada dos portugueses", dado que esta estrada conduce directamente cara a Portugal, sendo utilizada maioritariamente por turistas e por transportistas. A poboación censada ao 1 de xaneiro de 2011 é de 1.075 habitantes. A extensión do seu termo municipal é de 83,63 quilómetros cadrados. Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2.957 2.832 2.443 2.587 2.686 2.727 2.362 1.904 1.451 1.305 1.153 1.075
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello
Categoría:Concellos da provincia de Palencia