Japandroids é un dúo canadense de garage rock procedente da cidade de Vancouver. O grupo está formado polo guitarrista e vocalista Brian King e polo batería e vocalista David Prowse. Fundada no ano 2006, Japandroids acadou a fama no 2009 tras a publicación do seu álbum de estrea Post-Nothing.

O seu segundo álbum, Celebration Rock (2012), lanzouse coa aclamación da crítica. Rolling Stone nomeouno un dos The 10 Coolest Summer Albums of All Time, e Spin nomeou o dúo Banda do Ano. Japandroids xirou extensamente para promover ámbolos dous álbums, gañando notoriedade polas súas enerxéticas actuacións e extensas xiras internacionais. Entre 2009 e 2013, a banda realizou uns 500 concertos en 44 países.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Post-Nothing 2009 Polyvinyl Record Co. Celebration Rock 2012 Polyvinyl Record Co. Near to the Wild Heart of Life 2017 ANTI- Fate & Alcohol 2024 ANTI-

Álbums ao vivo Massey Fucking Hall - 2020 (ANTI-)

Álbums recompilatorios No Singles'' - 2010 (Polyvinyl Record Co.)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Vancouver Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais formados en 2006