The Crow é un filme estadounidense dirixido por Alex Proyas, escrito por David J. Schow e John Shirley, e protagonizado por Brandon Lee, que se estreou en 1994. Baséase na serie de banda deseñada de James O'Barr, The Crow. Foi o derradeiro filme de Brandon Lee, xa que morreu o 31 de marzo de 1993 debido a un accidente durante a rodaxe. Supuxo un grande éxito tanto no eido comercial como no da crítica.

O filme conta a historia de Eric Draven (Lee), un músico de rock que resucita para vingarse dos seus asasinos e os da súa prometida.

Sinopse Eric Draven e Shelly Websyter están a piques de casar, pero a noite antes do enlace son asasinados brutalmente. Un ano despois, a alma de Eric volve á Terra en forma de corvo para vingarse dos seus agresores.

Personaxes Brandon Lee como Eric Draven/The Crow Rochelle Davis como Sarah Ernie Hudson como Sarxento Albrecht Michael Wincott como Top Dollar Bai Ling como Myca Sofia Shinas como Shelly Webster Anna Levine como Darla David Patrick Kelly como T-Bird Angel David como Skank Laurence Mason como Tin-Tin Michael Massee como Funboy Tony Todd como Grange Jon Polito como Gideon Bill Raymond como Mickey Marco Rodríguez como Torres

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Dimension Films Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre pantasmas