Unha era xeolóxica é unha subdivisión do tempo xeolóxico que divide os eóns na escala de tempo xeolóxico. Estas eras adoitan dividirse en períodos. A entidade responsábel da definición e clasificación das eras xeolóxicas é a The International Commission on Stratigraphy (ICS) (Comisión Internacional sobre Estratigrafía) que, á súa vez, é o maior corpo científico dentro da International Union of Geological Sciences (Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas).

O eón Fanerozoico subdivídese en tres eras: o paleozoico, o mesozoico e o cenozoico, que representen as principais etapas no rexistro fósil macroscópico. Estas eras están separades por extincións masivas; a extinción pérmica no límite paleozoico-mesozoico e a extinción K-T, entre o mesozoico e o cenozoico. Hai probas de que impactos de mneteoritos catastróficos tiveron un papel importante á hora de marcar as diferenzas entre as eras.

Antigamente os eóns Hadeano, Arqueano e Proterozoico estaban agrupados na era precámbrica. Esta era cubría os catro mil millóns de anos da historia da Terra anteriores á aparición de animais de cuberta dura. Recentemente, estes eóns foron subdivididos en eras.

Era Período Cenozoico desde hai 66 millóns de anos (Ma) - até a actualidade Mesozoico dasde hai 252 Ma – até hai 66 Ma Paleozoico desde hai 542 Ma – até hai 252 Ma Neoproterozoico desde hai 1.000 Ma – até hai 542 Ma Mesoproterozoico desde hai 1.600 Ma – até hai 1.000 Ma Paleoproterozoico desde hai 2.500 Ma – até hai 1.600 Ma Neoarqueano desde hai 2.800 Ma – até hai 2.500 Ma Mesoarqueano desde hai 3.200 Ma – até hai 2.800 Ma Paleoarqueano desde hai 3.600 Ma – até hai 3.200 Ma Eoarqueano desde hai 3.800 Ma (non oficial) – até hai 3.600 Ma Hadeano eón oficialmente non dividido en eras desde a formación da Terra - até hai 3.800 Ma

Notas

Véxase tamén Escala de tempo xeolóxico Xeoloxía histórica

Categoría:Escala de tempo xeolóxico Categoría:Xeoloxía Categoría:Eras xeolóxicas