The Amityville Horror é un filme estadounidense dirixido por Scott Kosar que se estreou no 2005. Baséase na novela de Jay Anson The Amityville Horror.

Sinopse A policía recibe unha arrepiante chamada telefónica que os conduce á escena dun crime nunha residencia en Amityville, Long Island. Unha familia enteira fora asasinada nas súas propias camas. Nos seguintes días, Ronald Defeo confesou que el mesmo disparara ós seus familiares, culpando a unhas voces que lle dicían que debía matalos. Un ano despois, George e Kathy Lutz e tres fillos dela múdanse á mesma casa, crendo que se trata do fogar dos seus soños. Pero pouco despois de terse mudado, estrañas situacións comezan a sucederse, mentres George é atormentado polas voces que existen na casa.

Personaxes Ryan Reynolds como George Lutz Melissa George como Kathy Lutz Jesse James como Billy Lutz Jimmy Bennett como Michael Lutz Chloë Grace Moretz como Chelsea Lutz Rachel Nichols como Lisa Philip Baker Hall como Padre Callaway Isabel Conner como Jodie DeFeo Brendan Donaldson como Ronald "Ronnie" DeFeo, Jr.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de Platinum Dunes Categoría:Filmes de Dimension Films Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes ambientados en 1975