O IES Miguel Ángel González Estévez é un centro de ensino medio de Vilagarcía de Arousa. Está situado na rúa Jesús Garrido Álvarez, moi próxima á Avenida Rosalía de Castro, na parroquia do Carril.
Historia O 27 de febreiro de 2004 o instituto leva o nome do seu primeiro director Miguel Ángel González Estévez.
Instalacións Nas instalacións deportivas do centro adestran os equipos das categorías inferiores da A.D. Cortegada, que naceu ao abeiro deste instituto.
Oferta formativa O centro oferta Educación Secundaria Obrigatoria (na que se inclúen varias seccións bilingües), o Programa de Cualificación Profesional Inicial e mailo Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxías, Humanidades e Ciencias Sociais, Artes Plásticas e Artes Escénicas e o ciclo formativo de grao superior de Técnico en Animación de Actividades Físico-Deportivas.
Véxase tamén Ligazóns externas Web do centro
Miguel Angel Gonzalez Estevez Categoría:Vilagarcía de Arousa Categoría:Vilagarcía de Arousa sen imaxes