Aina Calvo Sastre, nada en Palma en 1969, é unha política mallorquina pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español.
Traxectoria Residiu en Zaragoza por motivos laborais familiares até 1983, cando regresa a Palma. Cursou estudos en Glasgow primeiro como estudante de posgrao cunha bolsa Erasmus e, máis adiante, como profesora da Universidade de Strathclyde.
É Doutora en Pedagoxía e profesora do Departamento de Ciencias da Educación da Universidade das Illas Baleares en situación de servizos especiais; profesora visitante da Universidade de Edimburgo. En 2003 afíliase ao PSIB-PSOE, sendo elixida deputada no Parlamento das Illas Baleares. Formou parte do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación como Subdirectora Xeral de Cooperación e Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación Internacional entre 2004 e 2006, cando é designada candidata do PSIB ao Concello de Palma. Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 a súa candidatura queda en segundo lugar, pero consegue formar goberno grazas a un pacto con UM. Con todo, en febreiro de 2010 creba o pacto de goberno ao expulsar os concelleiros de UM tras ser sospeitosos de corrupción, gobernando o resto da lexislatura en minoría. Perdeu as eleccións municipais do 22 de maio de 2011, manténdose como portavoz do Grupo Municipal.
Durante o 38º Congreso do PSOE, formou parte do equipo de Carme Chacón na súa candidatura á secretaría xeral do PSOE, que foi derrotada pola de Alfredo Pérez Rubalcaba.
En marzo de 2012 dimitiu como secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma. Non obstante, tras a dimisión do seu sucesor, postulouse para dirixir de novo a agrupación local. O 6 de xullo de 2012 volveu ser elixida secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma, obtendo o 64,7% dos votos fronte ao 35% do seu rival Jaume Garau.http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/06/baleares/1341600451.html
En 2014 presentouse ás primarias para ser candidata do PSIB-PSOE á presidencia do Govern de les Illes Balears, que finalmente gañou Francina Armengol cun 54,58%. Calvo logrou un 45,65%.
Aina Calvo abandonou o concello de Palma nas eleccións de 2015 despois de oito anos, catro no goberno como alcaldesa e catro na oposición. En xullo de 2015 reincorporouse como profesora á Universidade das Illas Baleares.
En xullo de 2018 foi nomeada directora da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), en substitución de Luis Tejada. Tomou posesión o 13 de xullo.
O Consello Reitor da Axencia cesouna o 11 de febreiro de 2020, tras propoñela o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para asumir a titularidade da Delegación do Goberno nas Illas Baleares. Asumiu este cargo o 12 de febreiro.
O 5 de decembro de 2023 o Consello de Ministros nomeouna Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero dentro do Ministerio de Igualdade. Tras un ano e medio á fronte deste órgano, o Goberno nomeouna secretaria de Estado de Seguridade en xuño de 2025.
Cargos desempeñados Deputada no Parlamento Balear (2003-2004) Concelleira no Concello de Palma (2007-2015) Alcaldesa de Palma (2007-2011) Secretaria xeral do PSOE de Palma (2008-2012) Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Palma (2011-2015) Secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma (2007-2017)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Alcaldes de Palma Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Palma