Anna Simon Marí, nada en Mollet del Vallès, Barcelona, o 9 de agosto de 1982, é unha xornalista e presentadora de televisión catalá.
Biografía Licenciada en Xornalismo, Anna Simon empezou con 22 anos (o 17 de xaneiro de 2005) presentando en TeleTaxi TV. Tras un breve paso por Antena 3 e Telecinco en programas de call TV, fichou por Cuatro como colaboradora de Estas no son las noticias. Logo de terminar o programa, tivo diferentes experiencias televisivas en cadeas públicas como a autonómica TV3 (Divendres), ata que en 2010 fichou polo programa Tonterías las justas (Cuatro), espazo que máis tarde se convertería en Otra movida tras o seu traslado a Neox.
No mes de xullo de 2012 Anna Simon foi confirmada como concursante da segunda edición do exitoso programa de Antena 3 Tu cara me suenaAnna Simon ficha por Tu cara me suena Máis tarde, en setembro de 2012 Anna Simon fichou como colaboradora de El Hormiguero de Antena 3.
Televisión Buenas noches y buena suerte (2006), Antena 3. Estas no son las noticias (2008), Cuatro. Los mejores años de nuestra vida canción a canción (2009), La 1. Tú sí que vales (2008), Telecinco. La jaula (2010), Antena 3. Tvist (2009-2010), TV3. Divendres (2009-2010), TV3. Tonterías las justas (2010-2011), Cuatro. Otra movida (2011), Neox. Feliz año Neox (2011), Neox. Tu cara me suena (2012-2013), Antena 3. El hormiguero (2012-), Antena 3. Feliz Año Neox 2012 (2012), Neox.
Notas
Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Nados en Mollet del Vallès Categoría:Nados en 1982