O Instituto de Ensinanza Secundaria Manuel Chamoso Lamas é un centro de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia do Carballiño. Está situado en Mesego, a carón da antiga estrada N-541.

Oferta educativa No IES Manuel Chamoso Lamas impártese ESO (onde contan co Proxecto Abalar en 1º e 2º da ESO), Educación para adultos (ESA e Bacharelato semipresencial), Bacharelato (nas modalidades Humanísticas e Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía) e Formación Profesional: Formación Profesional Básica, CS de Administración e Finanzas, CM de Xestión e Administración, CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles e CM de Instalacións Eléctricas Automáticas. Tamén alberga a Sección da EOI de Ourense: 1º a 6º de Inglés.

O centro obtivo a Carta Erasmus de Mobilidade para alumnos de FP, este alumnado ten a posibilidade de facer as prácticas nalgún país europeo.

Tamén dispón dunha estación meteorolóxica que dá cumprida información do tempo.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do IES Manuel Chamoso Lamas Estación meteorolóxica do IES

Manuel Chamoso Lamas Categoría:O Carballiño