Aguilar de la FronteraA locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina é un concello andaluz situado no suroeste da provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa e é cabeza do partido xudicial do mesmo nome. As súas coordenadas xeográficas son 37º 31' N, 4º 39' O.Situación e coordenadas, Instituto de Estadística de Andalucía. Atópase a unha altitude de 280 msnmSistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía. e a uns 50 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 167,6 km². No ano 2008 tiña 13 692 habitantes e unha densidade de poboación de 82,01 hab/km².Páxina do Instituto Nacional de Estadística de España.
Historia Época romana Aguilar de la Frontera é a antiga Ipagrum ibero-romana, involucrada na batalla de Munda, que enfrontou os partidarios de César cos de Pompeio. Precisamente deste período son os seus restos máis antigos, unha necrópole de grandes dimensións. Sobre a etimoloxía do nome existen diferentes versións. Para uns, Ipagrum significaría "campo alto", mentres que outros opinan que a orixe é turdetana-grega, provindo o nome do grego hippos, isto é, cabalo. Actualmente existe no termo de Aguilar un lugar denominado Llano de los Caballos.
Idade Media A conquista musulmá da cidade fixo que pasara entón a denominarse Bulay ou Poley, quizais derivando do grego. A derrota, o 5 de abril do ano 891, dos seus poboadores cristiáns e das tropas rebeldes fronte ás tropas do emir Abdallah, fixo que a poboación pasara a pertencer á cora de Cabra. Algún tempo máis tarde, no século XI, Poley foi incluída no reino zirí de Granada.
O nome actual de Aguilar foille dado tras a conquista cristiá. Foi o monarca Fernando III o Santo quen a gañou para Castela no ano 1240. O primeiro gobernador cristián foi un portugués procedente dunha familia toledana, Gonzalo Yáñez d'Ovinhal, que a recibiu en forma de Señorío de Aguilar. Gonzalo era fillo de Juan Gómez de Obiñal, rico-home de Portugal, e de María Pérez de Aguilar, filla dos señores da vila de Aguiar en Portugal. Xa con Afonso X é cando a poboación pasa a denominarse Aguilar, nome da familia da nai de Gonzalo, compensando así a este o monarca pola prestación dalgúns servizos. Finalmente, o cualificativo "da fronteira" venlle dado pola súa proximidade á fronteira granadina durante a Baixa Idade Media.
Ao inicio do reinado de Pedro I, Alfonso Fernández Coronel, que recibira só facía uns meses o señorío, revelouse contra o rei. O grito de "Aguilar, Aguilar" fixérase habitual entre os rebeldes en Castela desde principios dese século, así que, reprimida a rebelión, Pedro I decidiu cambiar o nome de Aguilar polo de Monterreal, e o escudo da aguia polo dun rei sentado coa espada desenvaiñada.
Despois das guerras civís castelás, que enfrontan a Pedro I e Henrique II, a vila pasa a pertencer a Gonzalo Fernández de Córdoba. Os séculos XVII e XVIII representan unha etapa de decadencia e crise para a localidade, debido ao forte descenso de poboación ocasionado polas epidemias.
Século XX Xa no século XX, a represión política que afectou España tras a vitoria das tropas de Franco implicou de cheo a Aguilar, resultando afectados moitos dos seus cidadáns.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ayuntamiento de Aguilar de la Frontera Aguilar de la Frontera, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía. Aguilar en Cordobapedia Turismo de Córdoba - Aguilar Sendero del Observatorio en el término municipal de Aguilar de la Frontera Patrimonio cultural de Aguilar de la Frontera en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. IAPH
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba