dereita|miniatura|200px|Emilio Pérez Touriño. dereita|miniatura|200px|Anxo Quintana.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
A coalición de goberno entre socialistas e nacionalistas galegos foi posible tras coñecerse os resultados das eleccións autonómicas de xuño de 2005, que deron o seguinte resultado: PPdG: 756.562 votos (45,81%) e 37 escanos PSdeG-PSOE: 555.603 votos (33,64%) e 25 escanos BNG: 311.954 votos (18,89%) e 13 escanos
Composición das consellerías por partidos PSdG-PSOE: Presidencia da Xunta: Emilio Pérez Touriño Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: José Luis Méndez Romeu Consellería de Economía e Facenda: Xosé Ramón Fernández Antonio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes: María Xosé Caride Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Laura Sánchez Piñón Consellería de Sanidade: María José Rubio Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos: Carmen Gallego Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Pachi Vázquez Consellería de Traballo: Ricardo Varela Sánchez Dirección Xeral da CRTVG: Benigno Sánchez
BNG: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Anxo Quintana Consellería de Innovación e Industria: Fernando Blanco Álvarez Consellería do Medio Rural: Alfredo Suárez Canal Consellería de Cultura e Deporte: Ánxela Bugallo Consellería de Vivenda: Teresa Táboas
Categoría:Xunta de Galicia Categoría:2005 en Galicia