A xesta branca (Cytisus multiflorus) é un arbusto da familia das fabáceas. Trátase dunha xesta caracterizada polas súas flores de cor branca (a maioría das xestas teñen as flores amarelas). En Galicia é frecuente nas montañas interiores de Lugo e Ourense.

Descrición Arbusto ergueito que pode acadar e superar os 2 m de altura, con pólas angulosas e flexíbeis: as novas aveludadas e estriadas.

As follas son caedizas, verdes e de dous tipos. As inferiores son compostas trifoliadas case sentadas, de apenas 1 cm. As superiores son simples, alongadas, lanceoladas e sedosas no face.

As flores son a xeito de bolboreta, brancas, de 9 a 12 mm, con pétalos case iguais e estandarte desprovisto de pelos ao dorso. Aparecen en gran número ao longo das pólas, illadas ou en acios de dous ou tres, sempre nacendo das axilas das follas e formando en conxunto longas inflorescencias. Cáliz acampanado, aveludado e dividido en 2 labios diverxentes. Corola de 9–12 mm cos pétalos da mesma lonxitude; estandarte sen pelos no dorso, ergueito e escotado, matizado de vermello na base. Florea de maio a xullo.

Froito en legume moi esmagada, aveludada, de até 3 cm de longo.

Hábitat Crece en terreos silíceos, principalmente graníticos, gnéisicos e de cuarcitas, entre rochas ou en lugares fragosos e pedrentos, en clareiros e estremas dos bosques. Nas matogueiras altas ou piornais do piso inferior ou montano, até uns 1.500 m de altitude.

En Galicia é na zona interior e montañosa do país, nos piornais altos, en solos non calcarios. Adoita medrar nos pisos da aciñeira ou do cerquiño.

Distribución De xeito natural, unicamente na Península Ibérica, repartida polo centro e metade occidental, dende Galicia e Asturias, até Estremadura e Montes de Toledo, incluíndo as provincias de León, Zamora, Ávila, Madrid, Cidade Real etc. En Portugal está moi estendida, chagando até o Algarve. Naturalizouse en Italia, Francia, Inglaterra, Estados Unidos e Nova Zelandia, considerándose planta invasora.

Citoloxía Números cromosomáticos de Cytisus multiflorus (Fam. Leguminosae) e taxons infraespecificos: 2n=48Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186 (1977).

Sinonimia Cytisus albus (Lam.) Link Cytisus lusitanicus Willk. Genista alba Lam. Genista madagascariensis Baker Spartium multiflorum L'Hér.http://www.ildis.org/LegumeWeb?version~10.01

Nome común Tamén recibe en galego os nomes de piorno branco e codeso branco (non confundir con outras especies).

Ter tamén en conta que se lle chama tamén xesta branca a outros arbustos coma: Genista florida L., xesta pudia, xesta branca (a flor non é branca senón amarela, mais ten un veludo abrancazado) Osyris alba.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cytisus

Categoría:Cytisus Categoría:Arbustos Categoría:Plantas ornamentais