A Sociedade Ximnástica Lucense (en castelán: Sociedad Gimnástica Lucense), coñecida como Ximnástica foi un equipo de fútbol galego da cidade de Lugo. Fundado en 1942 e desaparecido en 1952 foi o xermolo, xunto co Club Deportivo Polvorín, do actual Club Deportivo Lugo. Chegou a competir durante tres dos seus nove anos de historia na Segunda División.

Historia A Sociedade Ximnástica Lucense fundouse en 1943, entre outros por Felisindo Rodríguez Caride, nacendo da fusión de dous equipos da cidade: a Sociedade Ximnástica Raio e o Club de Lugo. Un ano despois da súa fundación a Ximnástica lograba o seu primeiro título, a Copa Galicia, e tan só catro anos despois conseguía ascender á Segunda División, época na que aínda non existía a Segunda División B e a Primeira División estaba limitada a dezaseis equipos. Este ascenso da Ximnástica tivo tres artífices principais: Anxo Carro Crespo, José Páramo Fernández e Paco Rivera Manso. Porén o equipo só se mantivo tres tempadas na categoría: TempadaPostoPXPGPEPPGFGCPN1949–501130121175465251950–511432117144969291951–52163051015326320Total9228184613519774

A tempada seguinte, despois do descenso á Terceira División, comezou cunha avultada derrota, perdendo por 9-1 nun amigable contra o Celta de Vigo. Este mesmo ano, debido aos axustes da FEF nas categorías, pese a descender da Segunda División tivo que xogar pola permanencia en Terceira, o que puido chegar a supoñer o descenso de dúas categorías nun só ano. Con todo conseguiu manterse, aínda que iso non evitou a desaparición do equipo ao ano seguinte, sendo presidente Rafael Sarandeses. O último partido da Sociedade xogouse en Badalona, onde os lucense perderon por 3-0, xogando ese encontro: Prego; Andréu, Tito, Mantido; Otero, Fiestas; Avelino, Antonio, Sáez, Fraga e Ezcurra. Con respecto ao campionato de Copa, a Ximnástica participou en catro ocasións, chegando até a quinta rolda na edición de 1947/48. AnoDataLocalResultadoVisitante194422 de febreiro de 1944(primeira rolda)15px|border|Galicia SX Lucense4 - 1</center>15px|border|Galicia Betanzos CF27 de febreiro de 1944(segunda rolda)15px|border|Galicia UD Ourensana1 - 1</center>15px|border|Galicia SX Lucense29 de febreiro de 1944(desempate segunda rolda)15px|border|Galicia SX Lucense4 - 0</center>15px|border|Galicia UD Ourensana22 de febreiro de 1944(terceira rolda)15px|border|Galicia SX Lucense2 - 3</center>15px|border|Galicia Berbés CF1947/4819 de outubro de 1947(segunda rolda)15px|border|Galicia SX Lucense9 - 0</center>15px|border|Galicia Betanzos CF28 de decembro de 1947(terceira rolda)15px|border|Galicia SX Lucense3 - 2</center>15px|border|Galicia CD Xuvenil21 de marzo de 1948(cuarta rolda)15px|border|Galicia SX Lucense5 - 2</center>15px|border|Galicia Pontevedra CF18 de abril de 1948(quinta rolda)15px|border|Galicia SX Lucense0 - 3</center>15px|border|Galicia Club Ferrol1948/495 de setembro de 1948(primeira rolda)15px|border|Galicia SX Lucense2 - 0</center>15px|border|Galicia UD Ourensana19 de decembro de 1948(segunda rolda)15px|border|Galicia CD Xuvenil1 - 3</center>15px|border|Galicia SX Lucense26 de decembro de 1948(terceira rolda)15px|border|Galicia Pontevedra CF1 - 2</center>15px|border|Galicia SX Lucense6 de xaneiro de 1949(cuarta rolda)15px|border|Galicia SX Lucense1 - 2</center>15px|border|Galicia Celta de Vigo1949/5027 de novembro de 1949(primeira rolda)15px|border|Galicia SX Lucense0 - 1</center>15px|border|Galicia Club Ferrol

Cara ao Club Deportivo Lugo

Trala desaparición da Ximnástica e a crise do Polvorín, ambas por motivos económicos, un grupo de seareiros locais, encabezados por Armando Rodríguez, fundarían o coñecido como Lugo Sociedade Cultural. Este club, fundado en lembranza do antigo Lugo Sport Club, tentaría ser o sucesor dos éxitos da Lucense. Porén, non tivo moito éxito a nivel deportivo. O club xogou no campo dos Miñóns, e vestiu con camisola branca, cruzada por unha franxa diagonal azul, e pantalón da mesma cor. Ante tal situación as directivas tanto da Ximnástica como do Polvorín, xuntáronse de urxencia para manter conversas e, mediante asemblea extraordinaria, acordar fusionarse entre si. Cómpre aclarar que o equipo resultante desta operación non foi nin unha escisión nin unha continuación, senón que é como club de novo rexistro e con estatuto propio: o Club Deportivo Lugo.

Palmarés Copa Galicia (1): 1943/44

Notas

Véxase tamén Outros artigos Club Deportivo Lugo

Ligazóns externas Sitio web oficial do C.D. Lugo Datos da Ximnástica en AREFE Regional Historia do fútbol en Lugo a través dos terreos de xogo

Categoría:Deporte en Lugo Categoría:Equipos de fútbol de Galicia desaparecidos Categoría:CD Lugo