miniatura|240px|Dalatias licha. miniatura|240px|Euprotomicrus bispinatus A dos dalatíidos (Dalatiidae) é unha familia de peixes elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes. Dalatiidae Gray, 1851 no WoRMS.Dalatiidae Graey, 1851 no ITIS.

As súas especies distribúense por todos os océanos do mundo, tanto en rexións litorais como en mar a fóra.

Características Os dalatíidos son tiburóns de tamaño pequeno ou mediano (miden de 20 a 180 cm de lonxitude). O seu corpo ten forma de cigarro puro, coa cabeza estreita e o fociño arredondado. Teñen dúas aletas dorsais carentes de raios espiñentos; a primeira, orixinada por diante das aletas pelvianas, pero moi cerca delas.

Varias especies posúen órganos luminosos que aparecen como manchas negras principalmente na superficie ventral.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1851 polo naturalista inglés John Edward Gray, na súa obra List of the specimens of fish in the collection of the British Museum. Part I. Chondropterygii. British Museum (Natural History), Londres.

Etimoloxía O nome científico da familia está formado, segundo a norma, sobre a raíz Dalati- do seu xénero tipo, Dalatias, coa adición do elemento do latín científico -ǐdae, propio dos nomes das familias de animais.<ref>O fetito de ser breve o "i" do sufixo latino xustifica a adapación do nome da familia ao galego como dalatíidos.</ref>

Clasificación A familia inclúe seis xéneros con 10 especies: Xénero Dalatias Rafinesque, 1810 Dalatias licha (Bonnaterre, 1788) = Squalus licha Bonnaterre, 1788 Xénero Euprotomicroides Hulley & M. J. Penrith, 1966 Euprotomicroides zantedeschia Hulley & M. J. Penrith, 1966 Xénero Euprotomicrus T. N. Gill, 1865z Euprotomicrus bispinatus (Quoy & Gaimard, 1824) (o tiburón pigmeo) Xénero Heteroscymnoides Fowler, 1934 Heteroscymnoides marleyi Fowler, 1934 Xénero Isistius T. N. Gill, 1865 Isistius brasiliensis (Quoy & Gaimard, 1824) Isistius labialis Q. W. Meng, Zhu & S. Li, 1985 Isistius plutodus Garrick & S. Springer, 1964 Xénero Mollisquama Dolganov, 1984 Mollisquama parini Dolganov, 1984 Xénero Squaliolus H. M. Smith & Radcliffe, 1912 Squaliolus aliae Teng, 1959 Squaliolus laticaudus H. M. Smith e Radcliffe, 1912

En Galicia Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas augas galegas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton University Press. ISBN 0-6911-2072-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. 4th Edition. Hoboken, New Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Tiburóns Escualiformes

Ligazóns externas Family Dalatiida2 en FihsBase. Con ampla información sobre a familia, icluíndo os nomes científicos das súas especies a as súas sinonimias . Consultada o 12 de deembro de 2020.

Categoría:Escualiformes