Hebe foi unha revista editada en Pontevedra entre 1920 e 1921.
Historia e características Subtitulada Publicación quincenal apareceu o 15 de outubro de 1920. Fundada por Modesto Bará Álvarez, Xoán Vidal Martínez e Alfonso Lois, estaba dirixida por Modesto Bará. Tentou introducir elementos vangardistas no movemento cultural e incluíu poemas, algúns relatos, recensións, e biobibliografías. Cesou a súa publicación co número 13, o 17 de abril de 1921.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1920 en Galicia