José Luis Gil Sanz, nado en Zaragoza o 9 de decembro de 1957, é un actor de cine, televisión e teatro español, ademais de director de dobraxe.

Traxectoria Naceu en Zaragoza o 9 de decembro de 1957. O seu papel máis coñecido é o de Juan Cuesta na serie de televisión humorística Aquí no hay quien viva, pasando posteriormente a interpretar o personaxe de Enrique Pastor na continuación en Telecinco, La que se avecina. No entanto, leva na dobraxe desde finais da década de 1970; na súa carreira dobrou a actores como Patrick Swayze, Tim Allen, Hugh Grant e Woody Harrelson.

Con só vinte anos foi contratado en exclusiva polos estudios de dobraxe Exa de Madrid, e foi entón cando comezou a súa carreira como actor de dobraxe. Tamén dirixiu e protagonizou a dobraxe de varias producións de Walt Disney Pictures, entre as que destacan Tarzán, a triloxía de películas de Toy Story (Toy Story, Toy Story 2 e Toy Story 3) dobrando a Buzz Lightyear, e Atopando a Nemo. Ademais de prestar a súa voz a dobraxes de ficción, colabora asiduamente en publicidade como locutor.

Tamén foi actor infantil en case corenta programas dramáticos como Estudio 1, Teatro de siempre e Novela, así como en tempadas infantís do Teatro Español e o Teatro da Zarzuela de Madrid, con representacións para os máis pequenos, de obras como As aventuras de Tom Sawyer.

Membro dun grupo de teatro afeccionado ata os 16 anos, dedicouse fundamentalmente á interpretación de obras clásicas. Tras esta etapa, reincorporouse ao teatro profesional na compañía de José Calvo, ao que considera o seu mestre. Despois actuou con outras compañías no Teatro Lara e no Teatro María Guerrero, entre outros.

Entre os anos 1992 e 1996 formou parte, xunto a Antonio Hernández e Alfredo Cernuda, do trío de humor Entretrés, actuando no Teatro Marquina, así como en numerosos programas de televisión, onde tamén protagonizou as series Fernández y familia (Telecinco) e Los Cañete (Forta) e facendo colaboracións en El comisario e Agente 700.

En teatro realizou varias obras: Tres versiones de la vida, de Yasmina Reza, Salir del armario, de Francis Veber, Ser o no ser, de Ernst Lubitsch, e Fuga, de Jordi Galcerán.

En 2012 debuta como director cinematográfico coa curtametraxe Entre Cartones, un conto urbano sobre a indixencia protagonizado por Carolina Noriega e o propio José Luis Gil.

No persoal, está casado coa tamén actriz Carolina MontijanoCarolina Montijano e son pais de tres fillos. É xenro da tamén actriz Matilde Conesa.

Filmografía Entre outros filmes: Como actor de imaxe en cine 1980: Con el culo al aire 1991: Cómo levantar 1000 kilos 1994: Todo es mentira 1996: Teresa y Vanessa 1999: Lisboa 2002: En la ciudad sin límites 2009: Fuga de cerebros 2010: El contratiempo (curtametraxe) 2011: G (curtametraxe) 2012: Entre Cartones (curtametraxe)

Como actor de dobraxe en cine 1979: La vida de Brian 1983: The Outsiders. 1987: Dirty Dancing 1988: ¿Quién engañó a Roger Rabbit? 1989: No matarás... al vecino 1990: Dark Angel 1994: Ace Ventura: Un detective diferente 1994: El cuervo 1995: Braveheart 1995: Nueve meses 1995: Toy Story 1996: Independence Day 1996: Días Extraños 1996: Showgirls 1996: James and the Giant Peach 1997: Volcano 1998: El gran Lebowski 1998: La leyenda del pianista en el océano 1999: Runaway Bride 1999: Tarzán 1999: Toy Story 2 2000: Buzz Lightyear, Comando Estelar: La aventura comienza 2001: Band of Brothers 2002: Peter Pan 2: Regreso al País de Nunca Jamas 2003: Finding Nemo 2005: El sueño de una noche de San Juan 2005: Valiant 2006: A Scanner Darkly 2006: Little Miss Sunshine 2007: Donkey Xote 2007: Locos por el surf 2010: Toy Story 3

Televisión Entre outras series: Como actor de imaxe en televisión 1998: Fernández y familia 2001: Agente 700 2001: El comisario 2003-2006: Aquí no hay quien viva 2007-: La que se avecina 2010: Felipe y Letizia

Como actor de dobraxe en televisión 1975: La abeja Maya 1976-1984: Apartamento para tres 1981: D'Artacán y los tres mosqueperros 1983: Fraggle Rock 1984: Ashita no Joe 1989: Yo, Claudio (redoblaxe) 1991-1999: Un chapuzas en casa 1995: The X-Files 2000: Buzz Lightyear: guardianes del espacio 2001: Band of Brothers 2012: Uno para todas

Teatro Entre outras obras: 2006-2007: Tres versiones de la vida 2007: Salir del armario 2008: Voz en off na obra Los 39 escalones, adaptación de Hitchcock. 2009: Te veo 2009: Ser o no ser 2010-2012: Fuga 2013: Una más y nos vamos

Premios Premios da Unión de Actores Ano Categoría Traballo Resultado 2005 Mellor actor protagonista de televisión Aquí no hay quien viva Candidato 2006 Mellor actor protagonista de televisión Aquí no hay quien viva Gañador

Outros premios Premio Ercilla de Teatro (XXVII edición) polo seu papel na obra Ser o no ser (2011). X edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Torrelavega, Premio "Julio Núñez" polo seu papel na curtametraxe El contratiempo (2010).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de dobraxe Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1957