Domingos José Paciência Oliveira, coñecido simplemente como Domingos, nado en Leça da Palmeira o 2 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa. É pai do futbolista Gonçalo Paciência.
Traxectoria Adestrador O 21 de xuño de 2009 anunciouse a súa contratación polo SC Braga,"Domingos Paciência, nuevo entrenador del Braga" club que situou segundo ao remate da tempada 2009–10 por primeira vez na súa historia, conseguindo clasificarse para a UEFA Champions League, por primeira vez, na tempada 2010–11. Nesta competición o equipo quedou eliminado na fase de grupos; pero o seu terceiro posto permitiulle ser repescado para xogar a UEFA Europa League, onde tamén fixo historia: chegou á final do torneo, que perdeu contra o FC Porto (1–0) con gol do colombiano Radamel Falcao.
En maio de 2011 foi anunciado como adestrador do Sporting de Lisboa de cara á tempada 2011–12. O 13 de febreiro de 2012 rescindiu o seu contrato co club lisboeta ao encadear unha mala racha de resultados, sendo substituído por Ricardo Sá Pinto."Domingos Paciencia deja de ser el técnico del Sporting de Portugal"
O 30 de decembro de 2012 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, en substitución de José Luis Oltra."Domingos Paciência, nuevo entrenador del Deportivo" O seu debut no banquiño do conxunto galego saldouse cunha vitoria fronte ao Málaga CF en Riazor, dous meses despois da última vitoria do Deportivo."La mano de Paciencia" O 11 de febreiro de 2013 deixou de ser adestrador do club galego, logo de 1 vitoria, 1 empate e 4 derrotas."Paciência deja de ser el entrenador del Deportivo"
Palmarés Xogador Porto Liga de Portugal: 1987–88, 1989–90, 1991–92, 1992–93, 1994–95, 1995–96, 1996–97 Copa de Portugal: 1987–88, 1990–91, 1993–94, 1999–2000, 2000–01 Supercopa de Portugal: 1991, 1992, 1994, 1995, 1999, 2000
Adestrador Braga UEFA Europa League: Finalista 2010–11
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en foradejogo.net Datos do adestrador en foradejogo.net Datos do xogador en national-football-teams.com
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Matosinhos Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Adestradores de fútbol de Portugal Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do APOEL FC Categoría:Adestradores do CF Os Belenenses Categoría:Adestradores do SC Braga Categoría:Adestradores do União de Leiria Categoría:Adestradores do Académica de Coimbra Categoría:Adestradores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Adestradores do Vitória de Setúbal