miniatura|dereita|Monte Farelo dende o monte Faro. O monte Farelo é o cumio da serra do Farelo, con 951 m de altura. A súa cara suroeste pertence ás parroquias de Ventosa e As Trabancas, no concello de Agolada, mentres que a cara do nordés pertence á parroquia de San Martiño de Amarante, no concello de Antas de Ulla. Historia Antigamente chamábase monte Sumio (tamén Summeo ou Summo). O topónimo Farelo é un diminutivo de Faro, en relación co monte Faro, de maior altitude.
Tradición oral Existen numerosos ditos que fan referencia á inminencia da chuvia cando o Farelo se cobre de nubesVázquez Saco, F. (2003). Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia & Consellería de Educación e Ordenación Universitaria & Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.Gargallo Gil, J. E. et al. (s.d.). Farelo. En BADARE: base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania. Barcelona: Universitat de Barcelona.:
Pon o pucho o Farelo, auga prós eidos. Carapucho no Farelo, auga no pelo ou cando ten pucho o Farelo, auga no pelo. Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira. Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo. Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito. Néboa no Farelo, millor á noite que á mañán cedo Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Busto, M. (s.d.). O Monte Farelo.
Categoría:Agolada Categoría:Antas de Ulla Categoría:Montañas de Galicia