Tame Impala é un proxecto musical de rock psicodélico liderado polo multiinstrumentista australiano Kevin Parker. Fundada na cidade de Perth no ano 2007, o grupo fíxose famoso no ano 2010 co lanzamento do seu álbum de estrea, Innerspeaker, certificado como disco de ouro en Australia e ben recibido pola crítica. Lonerism tamén foi aclamado e obtivo a certificación de platino en Australia. O terceiro disco da banda, Currents, foi lanzado o 17 de xullo de 2015, un ano despois, Parker anunciou na súa conta de Instagram que unha versión deluxe deste disco sería lanzada a finais de 2016.

O nome do grupo procede dunha das guitarras de Parker, a Hagstrom Impala.

Membros En directo Kevin Parker: voz, guitarra e mirlitón (2007—presente). Jay «Gumby» Watson: batería e coros (2007—2011), sintetizador, e ocasionalmente guitarra adicional (2012—presente). Dominic Simper: baixo (2007—2010), guitarra e sintetizador (2010—presente). Nick «Paisley Adams» Allbrook: guitarra e teclado (2009—2010), baixo (2010—presente). Julien Barbagallo: batería e coros (2012—presente)

No estudio Kevin Parker: voz, guitarra, baixo, batería, teclado. Jay Watson: batería, teclado, guitarra. Dominic Simper: percusión, baixo, guitarra, efectos.

Discografía miniatura|Kevin Parker nun concerto en Nova York. Álbums Álbum Ano Selo Innerspeaker 2010 Modular Recordings Lonerism 2012 Modular Recordings Currents 2015 Modular Recordings, Interscope Records The Slow Rush 2020 Modular RecordingsDeadbeat2025Columbia

Álbums en directo Live at the Corner (2010) Live Versions (2014)

EPs Tame Impala [H.I.T.S. 003] (2008) (re-edición limitada, 2009) Tame Impala EP (2008)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial