Lino Gerpe Calvo, nado en Santiago de Compostela en 1866 e finado en Pontevedra o 13 de agosto de 1924Necrolóxica en La Libertad, 14-8-1924, p. 2-3., foi un xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Andrés Gerpe Ferro e María Prudencio Calvo. Foi pintor decorador en Madrid e trasladouse a Lugo en 1896. Propagandista do republicanismo, foi redactor de La Colonia Española de Porto (1899), dirixiu o semanario satírico Don Remigio en Santiago de Compostela (1910) e Renovación, foi redactor de Gaceta de Galicia, Noticiero de Vigo, Vida Gallega e El Pueblo e colaborou en El Eco de Marín, La Libertad e La Provincia. Asinaba algúns artigos co pseudónimo Remigio Pérez.
Casou con Elvira Vázquez de Cabieles en 1912.
Notas
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos