Mauren é un concello situado no norte do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4.000 habitantes.

Xeografía Limita ao norte co municipio de Schellenberg, ao leste con Feldkirch (Austria), ao sueste con Frastanz (Austria), e ao sur e oeste con Eschen.

Lugares de interese Concello de Mauren. Parroquia de Eschen-Mauren. Sendeiro Mauren-Eschen.

Comunicacións O autobús, o coche e a bicicleta son os transportes máis rendibles para chegar ata Mauren. Outro transporte é o tren, pero non ten estación na cidade, xa que a máis próxima está ou en Ruggell ou na estación da capital, Schaan-Vaduz.

Deporte A sede do club de vela nacional do país está en Mauren, aínda que o equipo máis importante da cidade é o USV Eschen/Mauren, club de fútbol que xoga na liga suíza e que conquistou varias copas de Liechtenstein. Mauren é a cidade máis deportista do principado, xa que se practica fútbol, ciclismo, tenis, natación e fútbol sala.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial do municipio de Mauren

Categoría:Concellos de Liechtenstein