Manuel Morán Morán, nado en Los Barrios de Luna (León) o 5 de xaneiro de 1929 e finado na Coruña o 21 de xuño de 2003,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-6-2003, p. 53. foi un veterinario e político galego.

Traxectoria Licenciado en Veterinaria pola Universidade de León. Instalado como veterinario en Bergondo, de onde pasa a Ferrol (1956) e despois a Santiago de Compostela (1958). Marcha despois a Vila de Cruces onde permanece ata 1964. Fundou a empresa INGASA. Foi fundador do Partido Gallego Independiente con Meilán Gil, pero despois afiliouse a AP. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular.

Obras El agro gallego en Europa: artículos periodísticos, 1999.

Vida persoal

Casou con Presvinda García e foi pai de Gloria e Manuel Morán García. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia