miniatura|Diagrama dun malacostráceo. O cefalotórax inclúe o céfalon e o tórax.
O cefalotórax, do grego κεφαλή kephalé, "cabeza" e θώραξ thórax, "tórax", é a parte do corpo dos crustáceos e arácnidos formada pola unión da cabeza e o tórax nunha única unidade funcional, perfectamente distinguíbel do abdome.
Nos crustáceos, maiormente nos decápodos, adoita denominarse pereion, que é un tipo de cefalotórax cuberto por unha casca, na cal hai, en xeral, un par de ollos, dous pares de antenas, tres de pezas bucais e cinco de patas.
Porén, o termo cefalotórax non debería usarse para designar a parte anterior do corpo dos arácnidos, xa que non é homóloga do cefalotórax dos crustáceos; o termo apropiado é o de prosoma.
Notas
Categoría:Crustáceos Categoría:Arácnidos Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos