Lung Boonmee raluek chat (en ) é un filme tailandés en lingua laoThaiworldview de 2010 dirixido por Apichatpong Weerasethakul. O filme tivo a súa estrea na 63ª edición do Festival de Cannes, onde recibiu a Palma de Ouro.
O filme de xénero fantástico forma parte dun proxecto multiplataforma denominado "Primitivo" que se centra na vila de Nabua na rexión tailandesa de Isan (de lingua lao) e da que forma parte unha vídeo instalación en sete partes e dúas curtametraxes de 2009. A obra ten como tema central a reencarnación da alma, céntrase dos últimos días da vida dun apicultor, o tío Boonme, que padece unha insuficiencia real e pasa as súas últimas horas nunha casa illada no medio da foresta e alí recibe a visita dos espíritos dos seus familiares defuntos, a súa dona e o seu fillo que regresa en forma non humana, grazas a estas visitas Boonmee pode chegar a explorar as súas vidas anteriores. A historia baséase nunha personaxe real recollido por Phra Sripariyattiweti, abade dun templo budista, nun libro que escribiu en 1983 no que conta a historia de Boonmee que dicía que podía recordar claramente as súas vidas anteriores
Personaxes Thanapat Saisaymar como tío Boonmee Natthakarn Aphaiwong como Huay, muller de Boonmee Jeerasak Kulhong como Boonsong, fillo de Boonmee Jenjira Pongpas como Jen Sakda Kaewbuadee como Tong Kanokporn Thongaram como Roong, amiga de Jen Samud Kugasang como Jai, xefe de Boonmee Wallapa Mongkolprasert como a princesa Sumit Suebsee como o soldado Vien Pimdee como o granxeiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Tailandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua laosiana Categoría:Filmes en lingua tailandesa Categoría:Filmes de Tailandia Categoría:Filmes dirixidos por Apichatpong Weerasethakul Categoría:Filmes sobre a reencarnación Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro