Citrobacter é un xénero de bacterias gramnegativas coliformes da familia Enterobacteriaceae.
As especies C. amalonaticus, C. koseri, e C. freundii só usan citrato como fonte de carbono (e de aí vén o seu nome). As especies de Citrobacter diferéncianse pola súa capacidade de converter triptófano en indol (C. koseri é a única especie do xénero que é indol positiva), fermentar lactosa, e usar o malonato.Lipsky BA, Hook III EW, Smith AA, et al.: Citrobacter infections in humans: Experience at the Seattle Veterans Administration Medical Center and a review of the literature. Rev Infect Dis 1980; 2:746-760.
Citrobacter ten a capacidade de acumular uranio ao formar complexos fosfatados.
Citrobacter e outras enterobacteriáceas son organismos potencialmente diazótrofos, é dicir, que poden fixar nitróxeno. C. freundii, xunto con outras enterobacteriáceas, foi atopada nos intestinos da mosca Ceratitis capitata e crese que alí podería realizar unha fixación do nitróxeno da que se aproveitaría simbioticamente o insecto.A. Behar, B. Yuval, E . Jurkevitch. Enterobacteria-mediated nitrogen fixation in natural populations of the fruit fly Ceratitis capitata. Molecular Ecology 2005,14: 2637–2643.
Importancia clínica Estas bacterias poden encontrarse case en todas partes no solo, augas limpas e residuais etc. e tamén no intestino humano. Poden orixinar infeccións do tracto urinario, meninxite infantil e sepse, que moitas veces son infeccións nosocomiais (hospitalarias).
Certas cepas de C. freundii teñen xenes ampC inducibles que codifican a resistencia ao antibiótico ampicilina e ás cefalosporinas de primeira xeración. Ademais, illados de mostras de Citrobacter poden ser resistentes a moitos outros antibióticos ao teren xenes de resistencia codificados en plásmidos.Ashish Khanna, Nachatar Singh, Aruna Aggarwa l, Menka Khanna. (2012).The Antibiotic Resistance Pattern in Citrobacter Species: An Emerging Nosocomial Pathogen in a Tertiary Care Hospital. Journal of Clinical and Diagnostic Research, 6(4): 642-644.Laurent Poirel, Alain Ros, Anne Carricajo, Philippe Berthelot, and Bruno Pozzetto, Sandrine Bernabeu, Patrice Nordmann. Extremely Drug-Resistant Citrobacter freundii Isolate Producing NDM-1 and Other Carbapenemases Identified in a Patient Returning from India. Antimicrobial Agents and Chemotherapy. 2011 January; 55(1): 447–448.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas German National Resource Centre for Biological Material
Categoría:Enterobacteriales